A deputada autonómica Noa Presas solicita unha reunión urxente do Consello Escolar Municipal de Ourense para tratar a problemática xurdida no CEIP Irmáns Villar.
O pasado 30 de abril, o grupo parlamentario do BNG presentaba no Parlamento Galego unha iniciativa sobre este asunto.
Noa Presas solicita unha reunión do Consello Escolar Municipal de Ourense
Na mesma, o BNG instaba á Xunta a aportar «solucións ante a falta de prazas no IES Otero Pedrayo, valorando mesmo a creación dunha aula máis que permita paliar a insuficiencia de prazas para cubrir a demanda do alumnado saínte de primaria do CEIP Irmáns Villar e do cal o IES é centro de referencia». Considera Noa Presas que «diante desta situación o Concello non pode permanecer calado».
A concelleira Erea Blanco sinala que «solicitamos a convocatoria urxente do Consello Escolar Municipal co obxecto de abordar a situación derivada de que máis dunha ducia de alumnos e alumnas do CEIP Plurilingüe Irmáns Villar que terían que iniciar a súa etapa educativa da ESO no IES Otero Pedrayo o vindeiro curso, non contan inicialmente con praza debido ao insuficiente número ofertado no seu Centro de referencia, provocando un enorme prexuízo ao alumnado afectado e as súas familias».