Eventos

Noite de Medo no Halloween de Ourense

Unha nova edición da Noite de Medo é a proposta que atopamos para celebrar Halloween no concello de Ourense.

Esta terrorífica actividade terá lugar o xoves, 31 de outubro de 2024, entre as 19h e as 03h da madrugada.

Noite de Medo no Halloween de Ourense

Na programación deste ano, podemos ver actuacións tan agardadas como a Orquestra Panorama, habitual na maioría de festas que se celebran na cidade de Ourense. Esta orquestra despide a temporada 2024 coa actuación que realizará en Ourense.

Persoas de todas as idades gozarán desta festa na que non faltarán os disfraces de halloween para contribuír a dar forma á mellor Noite de Medo.

Noite de Medo no Halloween de Ourense

Na edición de 2023, as rúas do casco histórico estiveron cheas de persoas que gozaron desta festa. A programación da festa de Halloween 2024 en Ourense será a seguinte:

Programa da Halloween Ourense 2024

  • 17h a 19h – Obradoiro Infantil de cabazas e maquillaxe no Parque de San Lázaro
  • 19h Desfile de Medo desde o Parque de San Lázaro á Praza Maior
    Pablo Méndez
    Momias do lonxano Exipto
    Desfile infantil de cabazas con batucada e Hagrid co sidecar (Harry Potter)
  • 19h – Flash Mob de Thriller na rúa Padre Feijóo
  • 19:h a 22:30h – Túnel do Terror na Alameda
  • 19h a 03:00h – Pasaxe de Medo na Alameda
  • 19:45h – Animación na Praza Maior e Casco antigo
    Diaños, camiñantes brancos, árbores, ollos de terror e gran dagrón
  • 20h – Concerto Infantil de Uxía Lambona e a Banda Molona na Praza Maior
  • 20:45h – Batucada e Lenda na Praza do Ferro e Casco Antigo
  • 21h a 00:00h – Chaioso de Medo na Praza Maior e Santa Eufemia
  • 22:30h a 01:30h – Orquestra Panorama – Especial Halloween na Alameda
  • 00:00h a 02:00h – DJ A Gramola na Praza Maior
  • 01.30h a 03:00h – Túnel do Terror (pase nocturno)
  • 03:00h a 02:00h – Procesión da Santa Compaña na Rúa do Paseo e Casco Antigo

Botón volver arriba