Noticias

Allariz estrea nova web máis accesible e orientada ao turismo

Allariz presentou a renovación completa do seu portal municipal, allariz.gal, unha nova plataforma pensada para facilitar os trámites da veciñanza e reforzar a presenza do municipio como destino turístico.

A presentación contou coa participación da alcaldesa, Cristina Cid, a concelleira de Promoción Económica, María López, e Pablo Sanmartín, responsable da empresa encargada do desenvolvemento.

Allariz estrea nova web máis accesible e orientada ao turismo

A nova web inclúe unha sección turística renovada e optimizada para buscadores, co obxectivo de dar maior visibilidade ao patrimonio, á natureza e á programación cultural do municipio. Ademais, incorpora un buscador intelixente para localizar información de forma máis rápida.

Allariz estrea nova web máis accesible e orientada ao turismo
Foto: DIxital Gou

Outro dos avances é que a plataforma é 100% responsive, polo que se adapta a móbiles e tablets, e conta cun sistema avanzado de accesibilidade que permite modificar o tamaño do texto, os contrastes de cor ou destacar ligazóns para facilitar a navegación.

A actuación foi financiada con fondos do programa europeo Next Generation EU dentro do Plan de Sostibilidade Turística e forma parte do proxecto Allariz Destino Sostible.

Publicaciones relacionadas
Botón volver arriba
Cerrar

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.