Noticias

Ourense celebra a boa acollida da nova rede de autobuses

As novas liñas dos autobuses urbanos de Ourense entraron hoxe en funcionamento cun incremento do 15% no número de persoas usuarias e unha mellora notable na puntualidade, segundo destacou o alcalde Gonzalo Pérez Jácome.

O rexedor valorou moi positivamente esta primeira xornada, asegurando que “todo indica que o cambio é positivo e que fixemos o correcto”.

Ourense celebra a boa acollida da nova rede de autobuses

O alcalde explicou que a posta en marcha inclúe tamén unha fase informativa para dar a coñecer á cidadanía a nova rede. “Non se pode contentar ao 100% da xente, pero si á gran maioría, e ese é o obxectivo dunha rede de autobuses”, subliñou.

Ourense celebra a boa acollida da nova rede de autobuses

Un dos aspectos máis salientados por Pérez Jácome foi a puntualidade: “antes tiñamos un problema de impuntualidade do 75%, e hoxe baixouse a un 7-8%”. Ademais, o aumento de usuarios viuse impulsado pola gratuidade das viaxes durante a Semana da Mobilidade, que se estenderá ata o luns 22.

Carpa informativa nos barrios

Para facilitar o acceso á información, o Concello e a empresa concesionaria Avanza puxeron en marcha unha carpa itinerante onde se poden consultar horarios, liñas e paradas. Este luns estivo na estación intermodal; o mércores situarase na residencia da rúa Ramón Puga, o xoves na Avenida da Universidade, o venres na Praza da Mariña, o sábado e domingo na Praza do Bispo Cesáreo, e o luns 22 no Parque de San Lázaro. Polas tardes, a carpa permanecerá en Bispo Cesáreo de 17.00 a 20.00 horas.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.