Noticias

Novo espazo libre de fume en Barbantes

O concello de Cenlle conta cun novo espazo libre de fume na área termal de Barbantes tras realizar unha votación entre a veciñanza.

A Asociación Española contra o Cancro promove en colaboración cos concellos da provincia a creación de espazos libres de fume.

Novo espazo libre de fume en Barbantes

Os efectos nocivos que esta práctica ten para a saúde fai necesario elaborar estratexias que permitan protexer espazos de titularidade pública ou privada. Prevención de enfermidades, coidado do medioambiente ou a protección dos nosos menores son algunhas das principais motivacións deste proxecto.

Novo espazo libre de fume en Barbantes

Rebeca Sotelo, alcaldesa de Cenlle, e Germán Rodríguez-Saá, presidente da AECC Ourense, presentaron este novo espazo libre de fume. Tras un período de votación, a veciñanza decidiu que a zona protexida ante este hábito nocivo sería a área termal de Barbantes. Sotelo e Rodríguez-Saá colocaron a sinalización que indica ós visitantes a singularidade deste espazo.

Botón volver arriba