Xa coñecemos a composición do novo Goberno da Deputación de Ourense que estará dirixido por Luis Menor, novo presidente da institución provincial.
Unha vez asimilada a novidade de ver a Luís Menor, alcalde do Pereiro de Aguiar, como novo presidente da Deputación de Ourense, coñecemos agora as áreas que xestionará cada membro do goberno.
Novo Goberno da Deputación de Ourense
A principal novidade está no nomeamento como vicepresidenta primeira de Marta Nóvoa, alcaldesa de San Cibrao das Viñas. As vicepresidencias segunda e terceira son para César Fernández, alcalde de Ribadavia, e Plácido Álvarez, alcalde de Muíños.
O anterior vicepresidente primeiro con Manuel Baltar, Rosendo Fernández, continuará ó fronte do Inorde pero perde a súa condición de vicepresidente. Oito áreas de goberno, catro delegacións especiais e Patricia Torres como portavoz da do goberno provincial son algunhas das novidades asinados por Luis Menor.
Composición e responsabilidades do goberno provincial
- Presidencia e responsable de Cooperación: Luis Menor Pérez
- Vicepresidencia 1ª, Facenda, Economía e Recursos Humanos: Marta Nóvoa Iglesias
- Vicepresidencia 2ª, Cultura, Educación e Deporte: César Manuel Fernández Gil
- Vicepresidencia 3ª, Administración provincial, Transparencia, Emerxencias e Cooperación Transfronteiriza: Plácido Álvarez Dobaño
- Políticas Sociais, Conciliación, Envellecemento Activo e portavoz: Patricia Torres Madureira
- Presidencia do Inorde, Turismo, Termalismo e representación institucional: Rosendo Fernández Fernández
- Medio Ambiente e Enerxía: José María Lago Cabo
- Innovación, Obxectivos de Desenvolvemento Sostible e Axenda 2030: Jorge Pumar
Delegacións especiais
- Igualdade e Mocidade: Teresa Barge Bello
- Infraestruturas: Manuel Seoane Rodríguez
- Novas Tecnoloxías, Reto Demográfico e Dinamización do Medio Rural: Xosé Miguel Pérez Blecua
- Delegación especial para Valdeorras: María del Carmen González Quintela