O concello do Barco de Valdeorras celebra a XXI Festa do Botelo o próximo sábado, 21 de xaneiro, no Pavillón Polideportivo.
Durante catro días, un amplo programa de actividades servirá de complemento á Festa do Botelo que porá a venda as entradas a partir do sábado 14. Un total de 1.150 entradas estarán a disposición dos veciños cun custe de 20€.
O Barco de Valdeorras celebra a Festa do Botelo
As actividades previstas comezarán o xoves, 19 de xaneiro, e rematarán o domingo, día 22, coa actuación de María do Ceo. Música, homenaxes, cine, teatro e cine para acompañar esta festa gastronómica.
Xoves, día 19
- Cine «O corpo aberto» no Teatro Laura Olmo.
Sesións ás 17, 19 e 21h.
Venres, día 20
- Teatro «Pirolíticos» da compañía «Mofa e Befa» no Teatro Laura Olmo.
Ás 21h.
Sábado, día 21
- Pregón a cargo do actor Federico Pérez Rey «Fede» e Mención de honra para Adela Pombo Fernández (Cociñeira xubilada do CEIP Condesa de Fenosa)
12h no Teatro Laura Olmo - Actuación do Orfeón Valdeorrés ó remate do Pregón
- Pasarrúas entre o Teatro Laura Olmo e o Pavillón de Calabagueiros coa participación de 7 grupos musicais
- Xantar da Festa do Botelo ás 14:30h no Pavillón Polideportivo
- Foliadas e Cantos de taberna a partir das 19h no casco vello e no Malecón.
Domingo, día 22
- Concerto de María do Ceo ás 20h no Teatro Laura Olmo