Noticias

O Cardeal de Seixalbo non permitirá a invasión

O Cardeal de Seixalbo foi o protagonista do martes do entroido o anunciar que non permitirá a invasión das forzas do goberno do concello de Ourense.

Dentro dunha xornada festiva e que serviu para que os veciños de Seixalbo puidesen gozar do entroido, Paquita e Nicanor celebraron o seu aniversario.

O Cardeal de Seixalbo non permitirá a invasión

Estas figuras tradicionais do entroido da localidade compartiron protagonista coa música, a festa e o Cardeal de Seixalbo. Este prelado da Santa Sede fixo unha forte defensa da autonomía da Vila de Seixalbo.

O Cardeal de Seixalbo non permitirá a invasión
O Cardeal dirixíndose ó

Rodeado dos seus veciños, o Cardeal deixou claro que «coa Asociación de veciños que non se meta ninguén». Debido o forte apoio que a asociación ten entre a veciñanza de Seixalbo, as súas palabras «van a misa».

A música das charangas animou constantemente a festa de entroido en Seixalbo. A pesares da continua choiva, a diversión foi constante tras dous anos de pandemia. Xa entrada a noite, un desfile polas rúas de Seixalbo puxo punto e final á xornada. A interpretación conxunta do himno galego a cargo das charangas Escachapeitos e Europa foi acompañada polas voces dos asistentes.

Paquita e Nicanor (Seixalbo 2022)

Larga vida ó entroido de Seixalbo. 1, 2, 3… 4, 5 e 6.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Botón volver arriba