O COB suma novos patrocinadores que contribuirán á fortalecer o proxecto do clube no seu regreso á esixente categoría da LEB Oro.
Tralas incorporacións de Picht & Putt e Asesoría Emprendedor, o Clube Ourense Baloncesto recibe o apoio de «Stores Persan S.L.»

O novo patrocinador terá unha presencia destacada ó figurar no pantalón do vestiario oficial. Esta empresa especializada en estores, paneles japoneses e outros produtos de protección solar a medida, únese ó COB nesta temporada 2022/23.