O concello do Pereiro de Aguiar prepara unha gran festa con motivo do Entroido 2023 o sábado, 18 de febreiro a partir das 17.30h.
Aínda non coñecemos a programación completa deste evento no que se agarda unha gran participación da veciñanza. Polo momento, dende o concello só ofreceron algúns detalles sobre a preparación da festa.
O Pereiro prepara o Entroido 2023
O Entroido no Pereiro terá neste ano 2023 unha festa na que non faltará a música de charanga. O concurso de disfraces premiará ás mellores comparsas e disfraces individuais que asistan a esta festa.
Para os máis cativos, inchables e numerosas actividades converterán a tarde do día 18 de febreiro nunha gran xornada de diversión e entroido.