Noticias

Obradoiro de confección de compadres e comadres

Un obradoiro de confección de compadres e comadres é unha das propostas que a concellería de Educación de Ourense está realizando ante a proximidade do Entroido.

Tamara Silva, concelleira de Educación, asistiu á primeira destas sesións que se realizou no Colexio Maristas.

Obradoiro de confección de compadres e comadres

O ciclo de obradoiros continuará en varios centros de ensinanza coa participación de 458 escolares. Esta actividade é previa ás tradicionais loitas que están previstas para o 1 de febreiro, xoves de compadres, e o 8 de febreiro, xoves de comadres, na Praza Maior de Ourense ás 11h.

Obradoiro de confección de compadres e comadres
Foto: Concello de Ourense

Botón volver arriba