Noticias

Ourense acolle o I Open de tenis masculino Cidade de Ourense

O salón de plenos do Concello de Ourense acolleu esta mañá a presentación oficial do I Open de tenis masculino Cidade de Ourense.

Este torneo, clasificatorio para o Campionato de España absoluto, na categoría 1.000, celébrase ata o vindeiro domingo, 29 de xuño, nas pistas do Club Santo Domingo. A entrada ao evento é libre e gratuíta.

Ourense acolle o I Open de tenis masculino Cidade de Ourense

O Club Santo Domingo será escenario ata o domingo dun torneo clasificatorio para o Campionato de España absoluto

Ourense acolle o I Open de tenis masculino Cidade de Ourense
Foto: Concello de Ourense

O Concello de Ourense colabora con esta competición, organizada pola Federación Galega de Tenis. Conta ademais co apoio doutras institucións como a Deputación Provincial e a Xunta de Galicia, así como con patrocinadores privados.

No acto de presentación participaron o concelleiro de Deportes de Ourense, Aníbal Pereira; o deputado provincial Jorge Pumar; o asesor de Deportes da Deputación, Quique Álvarez; o xefe do Servizo de Deportes da Xunta de Galicia, Manuel Pérez González; a directora territorial da Consellería de Presidencia, Beatriz Fernández; o presidente da Federación Galega de Tenis, José Mosquera, e a directora do torneo, Elsa Corral Hidalgo.

Competición de alto nivel e presenza galega destacada

O torneo forma parte do circuíto nacional de clasificación para o Campionato de España, dentro da súa máxima categoría. O gañador do Open obterá un premio de 1.000 euros. Tamén recibirá puntos moi valiosos tanto para o ránking nacional como para o acceso á fase final do campionato estatal que se celebrará en decembro.

A competición destaca pola presenza de xogadores novos con proxección e talento. Entre eles, o cabeza de serie número 1 é o pontevedrés Iago Domínguez Álvarez, actual campión galego absoluto, de 22 anos e pertencente a unha familia moi vencellada ao tenis. Tamén participarán os galegos Pablo Gregores Vila e Borja Fernández Couto Goi, así como o asturiano Diego Blanco Goytia.

A representación ourensá estará asegurada coa presenza de xogadores locais como Diego Blanco, Izán Díaz e Rodrigo Pérez, que competirán co obxectivo de brillar ante o seu público.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.