A vila de Celanova prepárase para vivir unha xornada festiva e reivindicativa este venres 28 de xuño coa celebración do evento “Orgullo de Pobo: Destino Diversidade”, que reúne música, arte, espectáculos e compromiso coa igualdade.
O evento contará cun completo programa desde a mañá ata a noite, e coa participación de artistas de renome como Natalia, Ricky Merino, Lucía Pérez ou Enrique Ramil, entre outros.
Celanova celebra o seu Orgullo este 28 de xuño
A programación comezará ás 11:00 horas cunha pintada de murais pola igualdade, na que participarán nenos e mozos acompañados do artista Alejandro Araujo.
Ás 12:00h terá lugar un dos actos centrais da xornada: o descubrimento da placa que identifica a Celanova como un dos Pobos Orgullosos de Galicia, cun pasarrúas e a actuación da Banda de Música de Celanova.
A partir das 13:00h, a festa trasládase á sesión vermú con DJ Sula e servizo de pulpeira, creando un ambiente festivo e de encontro para veciñanza e visitantes.
Xa pola noite, ás 19:30h, terá lugar o gran espectáculo “Orgullo de Pobo: Celanova é Orgullo 2025”, que contará cun cartel de artistas destacados:
- Natalia, exconcursante de Operación Triunfo
- Ricky Merino, tamén de OT e do programa Tu cara me suena
- Lucía Pérez, representante de España en Eurovisión
- Enrique Ramil, participante de Viña del Mar 2024
- Sabela, cantante e exconcursante de OT
- Albert Infante, finalista de Got Talent e GH VIP
- Drags como Ashley, Alejandra e Pulula
- O modelo G Facci
- Os artistas locais Manu Varela e Alejandro Araujo

Con esta programación, Celanova non só celebra o Día do Orgullo, senón que tamén se consolida como referente de compromiso coa diversidade e os dereitos LGTBI+ no rural galego.