Noticias

Ourense leva ao Pleno uns orzamentos de 116,7 millóns para 2025

A Comisión de Pleno do Concello de Ourense ditaminou favorablemente este martes, en sesión extraordinaria, o proxecto de Orzamento Xeral do Concello para o exercicio 2025.

A proposta, que suma un total de 116.700.226,82 euros, inclúe os orzamentos do propio Concello, o Consello Municipal de Deportes (CMD), as bases de execución e os anexos de persoal.

Ourense leva ao Pleno uns orzamentos de 116,7 millóns para 2025

A aprobación inicial dos orzamentos será debatida nun pleno extraordinario que se celebrará o vindeiro luns 21 de xullo ás 9.00 horas. A proposta chega ao Pleno cos votos a favor do grupo de goberno de Democracia Ourensana (DO), mentres que PP e PSdeG-PSOE optaron pola abstención, e o BNG votou en contra.

Ourense leva ao Pleno uns orzamentos de 116,7 millóns para 2025

Na mesma sesión, a comisión tamén emitiu ditame favorable a dúas modificacións orzamentarias (expedientes 2P e 3P/2025) que tamén se votarán o luns. A modificación 2P, por valor de 1,7 millóns de euros, está destinada principalmente a reforzar partidas da área social. Pola súa banda, a modificación 3P, que achega 5,1 millóns, irá destinada ás obras do Parque de Canedo. Ambas propostas contaron co apoio de DO e a abstención do resto de grupos.

Debate plenario

O debate no pleno extraordinario incluirá tres quendas de intervención por grupo político para abordar o proxecto de orzamentos. Serán dúas de 10 e 5 minutos centradas nas contas do Concello, e unha terceira de 5 minutos relativa ao orzamento do CMD. As modificacións orzamentarias 2P e 3P debateranse nun bloque común, con intervencións de 5 minutos por grupo.

A sesión do luns será clave para avanzar cara á aprobación definitiva dos orzamentos do Concello de Ourense para 2025.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.