Noticias

O PSdeG condiciona o seu apoio aos orzamentos de Ourense á inclusión das súas emendas

O grupo municipal do PSdeG-PSOE no Concello de Ourense presentou este luns en rolda de prensa o seu paquete de emendas ao proxecto de Orzamento 2025.

Desde o grupo socialista condicionan o seu voto favorable á aceptación dunha serie de propostas.

O PSdeG condiciona o seu apoio aos orzamentos de Ourense á inclusión das súas emendas

Segundo explicou a portavoz socialista Natalia González, “pretenden corrixir as múltiples deficiencias dun documento que non atende ás necesidades reais da terceira cidade de Galicia”.

Non podemos apoiar este proxecto dende un punto de vista técnico, porque non hai máis que ler o informe de intervención, pero moito menos dende un punto de vista político”, afirmou González quen resumiu as liñas fundamentais das súas emendas como “menos cemento e máis benestar, menos ocorrencias e máis planificación, menos débedas e mellor xestión económica”.

O PSdeG condiciona o seu apoio aos orzamentos de Ourense á inclusión das súas emendas
Foto: PsdeG

Os socialistas insisten en que “o orzamento é necesario, pero non a calquera prezo”, e subliñan que a prioridade debe ser o benestar social. Entre as medidas propostas, destacan o aumento das partidas para libros e comedores escolares. Tamén propoñen aumentar o apoio ás entidades do terceiro sector, que aseguran están sufrindo atrasos nos cobros das axudas municipais.

Ademais, esixen a recuperación de partidas destinadas a áreas “desmanteladas” como Igualdade, Xuventude e Saúde. En concreto, reclaman un plan de saúde mental municipal e programas de educación afectivo-sexual, xa solicitados en sesións plenarias anteriores.

O abandono dos barrios e das zonas rurais tamén ocupa un lugar central nas propostas do PSdeG. Demandan un maior protagonismo para as asociacións veciñais na detección e proposta das actuacións urxentes, e denuncian o “desleixo” do actual executivo con estas áreas.

Un dos proxectos bandeira dos socialistas é a creación dun plan de vivenda municipal con dotación orzamentaria real. Tamén propoñen a posta en marcha de refuxios climáticos e a mellora dos parques e espazos verdes, “que non gozan de boa saúde xusto cando máis se precisan”.

Un informe detallado da Tesourería Municipal

Por outra banda, solicitan un informe detallado da Tesourería Municipal sobre a liquidez real do Concello, para evitar investimentos baseados en cifras irreais. O obxectivo, din, é destinar o remanente de Tesourería a saldar débedas, garantir pagos a provedores en menos de 30 días e sanear os servizos públicos básicos.

Unha vez cumpridos estes requisitos, os socialistas propoñen abordar áreas como Emprego, Comercio, Turismo e Infraestruturas cun enfoque sostible e ambiental.

Deberiamos contar cun plan de investimentos real, e non depender das arroutadas de Jácome a base de modificacións orzamentarias sen planificación nin consenso político”, concluíu González. Advertiu que, se o goberno municipal non acepta estas condicións, o voto do PSdeG será negativo.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.