Eventos

Os Bolechas presentan “Lembranzas con sabor a chocolate” en Parada de Sil

Este sábado, 11 de outubro de 2025, a Colección Museográfica Casa do Chocolate de Galicia, situada en Parada de Sil (Ribeira Sacra), acollerá a presentación do novo libro da popular saga infantil “Os Bolechas: Lembranzas con sabor a chocolate. A Casa do Chocolate de Galicia”.

A presentación terá lugar este sábado en Parada de Sil con visitas guiadas teatralizadas e actividades gratuítas

Os Bolechas presentan “Lembranzas con sabor a chocolate” en Parada de Sil

A nova publicación achega, dun xeito divertido e educativo, a historia do chocolate dende as súas orixes ata a tradición artesanal da Familia Casares, fundadora da antiga Fábrica de Chocolate de Teimende.

Os Bolechas presentan “Lembranzas con sabor a chocolate” en Parada de Sil
Os Bolechas na casa do chocolate. Presentación do libro.

A través das aventuras dos Bolechas, os pequenos lectores descubrirán o proceso de transformación do cacao en tableta. Coñecerán tamén a importancia deste produto na cultura galega.

Coincidindo coa presentación, a Casa do Chocolate celebrará unha xornada especial con dúas visitas guiadas teatralizadas e gratuítas, ás 12:00 e ás 17:00 horas. Durante o percorrido, os visitantes poderán coñecer personaxes históricos como Moctezuma, Hernán Cortés, os monxes do Mosteiro de Pedra ou a aristocracia do século XVIII, xunto ás catro xeracións de chocolateiros artesáns da familia Casares, que poñerán en funcionamento as antigas máquinas coa que elaboraban o famoso Chocolate Caldelas.

Trátase dunha actividade pensada para todos os públicos —aconsellada para nenos e nenas maiores de 7 anos— e non require reserva previa. Ademais, tódolos asistentes recibirán un agasallo ao remate da visita e poderán adquirir o novo libro de Os Bolechas. Este libro supón unha homenaxe á historia do chocolate e ao único espazo museográfico de Galicia adicado a este doce produto.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.