Eventos

Os Follateiros sairán no Entroido de Lobios

Os Follateiros sairán no Entroido de Lobios deste ano para levar o seu característico son polas parroquias do concello.

A figura tradicional do entroido de Lobios, Os Follateiros, levarán este ano a súa festa e agarimo polas distintas aldeas do concello.

Os Follateiros sairán no Entroido de Lobios

Os organizadores de esta iniciativa, a Asociación Follateiros de Lobios, pretende facer partícipe a toda a veciñanza da celebración desta festa popular. O percorrido que os Follateiros farán os domingo e o martes de Entroido animará ós veciños tras dous anos de pandemia.

O son dos chocallos anunciará a chegada da comitiva a cada localidade para que os veciños se unan á festa. Ademais de chegar ás distintas aldeas de Lobios, a edición de 2022 recupera as coplas e testamentos do entroido.

Os Follateiros sairán no Entroido de Lobios

O domingo, no adro da igrexa de Grou, leranse as coplas, quedando para o martes de entroido a lectura dos testamentos na praza roxa de Lobios.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Botón volver arriba