Noticias

Óscar Manuel Guzmán gaña o Premio Manuel Lueiro Rey

Óscar Manuel Guzmán Álvarez vén de gañar a XXXII edición do Premio de novela curta “Manuel Lueiro Rey”, un dos certames literarios de referencia en Galicia para a promoción da narrativa en lingua galega.

O Premio Manuel Lueiro Rey, convocado polo Concello do Grove desde 1992, ten como obxectivo honrar a figura do escritor e xornalista Manuel Lueiro Rey e impulsar a creación literaria en galego, así como a difusión dos seus autores.

Óscar Manuel Guzmán gaña o Premio Manuel Lueiro Rey

O galardón está dotado con 3.000 euros e inclúe a publicación da obra gañadora por Edicións Xerais de Galicia.

Óscar Manuel Guzmán gaña o Premio Manuel Lueiro Rey

O xurado reuniuse na tarde do 16 de decembro para resolver esta trixésimo segunda edición do premio. Estivo integrado por Armando Requeixo, Ánxela Gracián, Carmen Ferreira Boo, Miguel García Fernández, en representación de Xerais, e José Carou Rey, gañador da edición anterior.

Tras máis de dúas horas de deliberación, o xurado acordou por unanimidade declarar gañadora a novela presentada baixo o título Só os mortos saben a verdade, concorrente co lema Xan Dasrubias. Unha vez aberta a plica, confirmouse que o autor da obra é Óscar Manuel Guzmán Álvarez.

Na súa valoración, o xurado salientou que se trata dunha novela de suspense moi ben construída, cunha trama marcada pola tensión narrativa, o ritmo áxil e o uso dun humor e dunha ironía finos. Tamén destacou a coidada caracterización dos personaxes, definidos como enxeñosos, así como uns diálogos fluídos e realistas, nos que nada é o que parece.

Segundo o fallo, a obra mantén a intriga con gran solvencia ata un final inesperado e impactante, no que se reflicte unha das paixóns máis baixas do ser humano: a vinganza, sorprendendo ao lector ata a última páxina.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.