O Ourense Atletismo tivo unha actuación destacada no Campionato de Galicia absoluto de atletismo, celebrado en Santiago de Compostela, logrando un total de trece medallas.
A xornada, cunha climatoloxía calorosa que favoreceu as probas explosivas pero dificultou as de fondo, non foi impedimento para que o equipo ourensán brillase a gran nivel.
Ourense Atletismo brilla con 13 medallas no Campionato Galego
O club acada sete ouros, tres pratas e tres bronces nunha xornada marcada pola calor en Santiago.

Das trece medallas conseguidas, sete foron de ouro, tres de prata e outras tres de bronce, destacando especialmente os dobretes acadados nas probas de 5.000 metros e no salto con pértega.
7 Medallas de ouro:
- Icía Ares Betanzos proclamouse campioa galega nos 5.000 marcha cun tempo de 25:29.09.
- Sabela Castelo López dominou nos 5.000 metros lisos con 16:52.95.
- Blanca Pereira Rubín lanzou o martelo ata os 60.64 metros.
- Manuela Blanco Miguélez impúxose no salto con pértega con 3.80 metros.
- Yiset Magali Jiménez Chaguendo conquistou a xavelina cun lanzamento de 57.18 metros.
- Iria Solera Movilla venceu no salto de altura cun rexistro de 1.70 metros.
- O relevo 4×100 feminino formado por Ana Nóvoa, Arancha Vázquez, Laura Freire e África Gómez parou o cronómetro en 49.02 segundos.
3 Medallas de prata:
- Itziar Manso Heras foi segunda nos 5.000 metros cun tempo de 17:56.50.
- Alba Martínez Iglesias obtivo a prata no triplo salto con 12.45 metros.
- Arancha Vázquez Quiroga acadou o segundo posto nos 100 metros lisos cun tempo de 12.54 segundos.
3 Medallas de bronce:
- Aitana Capeáns Rey logrou o terceiro posto en peso grazas a un único intento válido de 11.67 metros.
- Paula Carrión Álvarez acompañou a Manuela Blanco no podio da pértega cun salto de 3.15 metros.
- África Gómez Ramos completou os podios cun bronce nos 200 metros lisos cun tempo de 25.43 segundos.