Noticias

Ourense renovará liñas e horarios dos autobuses en setembro

O Concello de Ourense reformará de forma significativa o servizo municipal de autobuses a finais deste verán, coincidindo coa celebración da Semana Europea da Mobilidade, que comezará o martes 16 de setembro.

Así o anunciou esta mañá o alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, quen avanzou que o cambio afectará tanto ao mapa de liñas como aos horarios actuais.

Ourense renovará liñas e horarios dos autobuses en setembro

Xacome destacou que máis do 80% das liñas verán modificada a súa configuración, nunha reestruturación que será provisional mentres duren as obras en vías clave como a Avenida de Portugal ou a Avenida de Marín. A implantación definitiva da liña circular dependerá da finalización destes traballos.

Ourense renovará liñas e horarios dos autobuses en setembro

Como incentivo para fomentar o uso do transporte público, o rexedor confirmou tamén que, ao igual que o ano pasado, o servizo de autobús será gratuíto durante toda a Semana da Mobilidade. Na edición anterior, esta medida traduciuse nun incremento de máis do 10% no número de viaxes, segundo datos municipais.

A pesar de non incrementar o número de vehículos, o Concello prevé unha mellora substancial do servizo grazas á optimización do trazado das liñas e dos horarios. O obxectivo é eliminar redundancias e corrixir desequilibrios actuais, aproveitando os mesmos recursos económicos, uns 10 millóns de euros anuais.

O novo modelo de transporte forma part

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.