Noticias

Ourense acollerá o novo Centro de Regulación de Circulación de Adif

O subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, destacou hoxe a aposta do Executivo central por facer da cidade “o gran polo do transporte de Galicia”.

Fíxoo durante unha visita ás obras de rehabilitación da Estación de San Francisco, promovidas por Adif, que acollerá o novo Centro de Regulación de Circulación (CRC), nodo estratéxico para a xestión do tráfico ferroviario en Galicia.

Ourense acollerá o novo Centro de Regulación de Circulación de Adif

Segundo explicou Santos, o investimento de 14,5 millóns de euros permitirá dotar o edificio histórico dunha infraestrutura única na comunidade, dotada de tecnoloxía de vangarda.

Ourense acollerá o novo Centro de Regulación de Circulación de Adif
Foto: Subdelegación

Esta actuación supón a recuperación dun espazo emblemático para un uso punteiro en materia ferroviaria”, afirmou. Santos estivo acompañado polo primeiro tenente de alcalde de Ourense, Aníbal Pereira.

O subdelegado lembrou que “este Goberno é o que máis investiu na cidade de Ourense na historia”, cun volume global superior aos 850 millóns de euros. “Nunca antes se fixera unha aposta tan forte por traer servizos e infraestruturas de alto nivel”, engadiu.

Publicaciones relacionadas

Avance das obras

Un ano despois do inicio dos traballos, a reforma da Estación de San Francisco atópase nun estado avanzado. Adif xa completou a demolición interior e a nova configuración estrutural de forxados e cuberta, permitindo crear un espazo diáfano para a sala principal do CRC.

Tamén se executaron o novo núcleo de escaleiras e ascensor, a cuberta metálica con tella cerámica recuperada e parte dos tabiques interiores. As fachadas renováronse con carpinterías dotadas de vidros con control solar, e a antiga galería foi transformada en oficinas cun novo peche exterior de ladrillo.

Sobre os antigos aseos, agora convertidos en cuartos técnicos, construíuse unha zona de descanso acristalada, con cuberta de tella que mantén a estética orixinal do edificio.

O futuro CRC

O novo Centro de Regulación de Circulación de Ourense concentrará a xestión de 1.151 quilómetros de liñas ferroviarias en Galicia, fronte aos 920 actuais. Este centro tamén asumirá o control dos tramos de alta velocidade Ourense-Santiago e da liña de ancho métrico Ferrol-Ribadeo.

Este edificio albergará un videowall co seguimento en tempo real do tráfico ferroviario. Dará emprego a unhas 100 persoas, entre persoal técnico e de mantemento, con actividade continua as 24 horas do día e os 365 días do ano.

Con esta actuación, Ourense consolídase como referente ferroviario e tecnolóxico en Galicia, integrando innovación e recuperación patrimonial.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.