Eventos

Ourense conmemora o Orgullo LGTBIQ+

O concello de Ourense conmemora o Día Internacional do Orgullo LGTBIQ+ cunha programación de actividades que rematará o 28 de xuño.

Eugenia Díaz Abella, concelleira de Igualdade, destaca unhas actividades «coas que queremos implicar a toda a sociedade ourensá na importancia da igualdade e o respecto cara a diversidade». Obradoiros, teatro ou cine forman parte da programación do Orgullo 2022.

Ourense conmemora o Orgullo LGTBIQ+

Foto: Ourense.gal
  • 13 de xuño
    Proxección de «Supernova», de Harry Macqueen, no Cineclube Padre Feijóo ás 20:30h.
  • 16 e 17 de xuño
    Formación para persoal do concello de Ourense no CIMM en horario de 10 a 14h. A sexóloga Almudena Herranz impartirá unha formación para reforzar a atención cidadá á diversidade.
  • 20 de xuño
    Proxección de «Welcome to Chechenya» ás 20:30h no Cineclube Padre Feijóo.
  • 22 de xuño
    Obradoiro «Pensar na diversidade» no CIMM entre as 16;30h e as 19:30h. Aberto á cidadanía, inscrición no CIMM, concelleriamuller@ourense.es ou no 988393191.
  • 28 de xuño
    Obra de Teatro «Microspectivas de un Marica Millennial» ás 21h no Teatro Principal.
    Iluminación da ponte romana cos colores da bandeira LGTBIQ+.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.