O Concello de Ourense advertiu do incremento de vehículos privados que ocupan indebidamente as paradas de autobús, unha práctica que causa atrasos e molestias aos usuarios do transporte público.
O alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, fixo un chamamento á colaboración cidadá e anunciou que se reforzará a vixilancia para sancionar estas infraccións.
Jácome alerta do aumento de coches que ocupan paradas de bus
Nos últimos días, detectouse esta situación tanto en novas paradas como en localizacións xa consolidadas. Entre elas figuran as rúas Concello, Pardo de Cela e Francisco Lloréns ou no barrio da Ponte.

Estes comportamentos, explicou o rexedor, constitúen unha vulneración da ordenanza de tráfico e afectan negativamente a milleiros de veciños que dependen a diario do servizo municipal.
“Son comportamentos incívicos que debemos frear, xa que prexudican o ben común e afectan a moitísimas persoas, polo que deberemos poñer máis enerxía no seu control”, sinalou Jácome. O Concello lembra que o uso das paradas está reservado en exclusiva ao servizo de bus urbano. Lembran que quen non respecte a normativa poderá ser sancionado.