Esta mañá celebrouse no Concello de Ourense a comisión de seguimento do Plan Especial do Sitio de Interese Histórico das Fontes Termais das Burgas e do Conxunto de Interese Histórico da Cidade de Ourense (PEPOU).
O obxectivo principal da reunión foi aprobar as propostas para a nova constitución da comisión de seguimento.
Ourense contratará un equipo externo para redactar o PEPOU
Durante a sesión, o goberno municipal informou os grupos políticos sobre o estado actual da tramitación do PEPOU. Anunciouse que a redacción do plan será encargada a un equipo externo debido á súa elevada complexidade e aos recursos limitados da administración local, tanto humanos como técnicos. Esta decisión responde á necesidade de cumprir cos prazos establecidos pola normativa vixente.
Ademais, comunicouse a contratación dunha empresa especializada que se encargará da elaboración dos pregos necesarios para seleccionar o equipo redactor que desenvolverá o plan.

O executivo local recalcou que as directrices técnicas e o control do proceso de redacción seguirán a cargo do persoal técnico municipal adscrito á área do PERI. Desta forma garanten o seguimento e supervisión por parte da administración.