Deportes

Ourense estará nos XIV Xogos do Eixo Atlántico

O concello de Ourense estará nos XIV Xogos do Eixo Atlántico que terán lugar no mes de xullo no municipio portugués de Maia.

A representación que defenderá ó concello de Ourense neste evento deportivo supera o centenar de participantes.

Ourense estará nos XIV Xogos do Eixo Atlántico

O Consello de Municipal de Deportes de Ourense realizou a inscrición dos deportistas que participarán nos Xogos do Eixo Atlántico. As categorías nas que participarán son:

  • balonmán,
  • baloncesto,
  • atletismo,
  • natación,
  • fútbol 7 masculino e
  • voleibol feminino.
Ourense estará nos XIV Xogos do Eixo Atlántico
ourense.gal

A cita será entre o 3 e o 8 de xullo en Maia, cerca da cidade de Porto (Portugal). Mario Guede, concelleiro de Deportes, indica que «Ourense continúa a manter a súa implicación con estes xogos que fomentan a convivencia e os valores deportivos». Esa importancia que se da á deportividade e o xogo limpo é destacado mediante un galardón. O Trofeo Xogo Limpo Nelson Cardoso entregase á delegación que mostre un mellor comportamento no seu conxunto.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Botón volver arriba