A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou hoxe a adxudicación do contrato para a subministración e instalación da iluminación de Nadal da cidade.
O traballo recaeu na empresa Iluminacións Ximénez SA, única en presentarse ao concurso público convocado polo Concello. O contrato ascende a 596.004,99 euros, IVE incluído.
Ourense adxudica a iluminación de Nadal por 596.000 euros
A instalación dos elementos decorativos comezará a mediados de setembro e o acendido oficial será o 5 de decembro, coincidindo coa véspera da ponte festiva dos días 6 e 8.

O proxecto contempla o alugueiro, subministración e montaxe das luces de Nadal que vestirán rúas, prazas e espazos emblemáticos da cidade, mantendo a tradición festiva que nos últimos anos converteuse nun dos principais reclamos turísticos e comerciais de Ourense durante o inverno.