Eventos

Ourense súmase ás Marchas do Retorno pola causa palestina

Este xoves 15 de maio, ás 20:00 horas diante da Subdelegación do Goberno en Ourense, celebrarase unha das sete Marchas do Retorno convocadas en Galiza no 77º aniversario da Nakba.

Esta catástrofe marcou o inicio do proceso de expulsión e exterminio do pobo palestino por parte do réxime sionista.

Ourense súmase ás Marchas do Retorno pola causa palestina

As mobilizacións, promovidas pola Rede Galega pola Palestina están apoiadas por diversos colectivos e persoas solidarias. As mobilizacións buscan visibilizar a loita histórica polo dereito de retorno da poboación palestina.

Esta data conmemorativa lembra as mobilizacións masivas que tiveron lugar en Palestina entre 2018 e 2019, nas que milleiros de persoas reclamaban o seu dereito a regresar aos fogares dos que foron expulsadas.

Como símbolo desta esperanza colectiva, as chaves serán de novo un dos elementos centrais das protestas.

Ourense súmase ás Marchas do Retorno pola causa palestina

A convocatoria inscríbese dentro dunha xornada de acción global promovida polo Comité Nacional Palestino do movemento BDS (Boicote, Desinvestimentos e Sancións a Israel), e terá réplicas nas outras seis cidades galegas:

  • A Coruña: 19:30 h, Obelisco dos Cantóns
  • Ferrol: 19:30 h, Praza Vella
  • Lugo: 20:00 h, Delegación Provincial da Xunta, Ronda da Muralla, 70
  • Pontevedra: 19:30 h, Hospital Provincial, Rúa Doutor Loureiro Crespo, 2
  • Santiago de Compostela: 20:30 h, Praza 8 de Marzo
  • Vigo: 20:00 h, Oliveira, Paseo de Afonso XII

As «Marchas do Retorno» representan un exercicio de memoria, solidariedade e compromiso político con Palestina dende Galiza, facendo un chamado colectivo á xustiza e ao respecto polos dereitos humanos.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.