Noticias

Ourense inviste 263.958 euros en mellorar pasos de peóns e accesibilidade

O Concello de Ourense, a través da Concellería de Infraestruturas, está a desenvolver un plan de actuacións para mellorar a mobilidade e a seguridade nos pasos de peóns de distintas rúas da cidade, cun investimento total de 263.958,66 euros.

As obras buscan garantir a accesibilidade universal e facer máis visible a presenza dos viandantes aos condutores.

Ourense inviste 263.958 euros en mellorar pasos de peóns e accesibilidade

No barrio do Couto, o Concello completou recentemente a mellora dos rebaixes de bordo na intersección das rúas Ervedelo e Velázquez. Esta actuación tivo un investimento de 44.857,35 euros. Estes traballos incluíron a ampliación do paso de peóns nas esquinas para facilitar a mobilidade e aumentar a visibilidade.

Ourense inviste 263.958 euros en mellorar pasos de peóns e accesibilidade

Ademais, na mesma zona, están en marcha obras similares na confluencia das rúas Zurbarán e Picasso (30.806,53 euros) e na intersección das rúas Zurbarán e Francisco de Moure (41.035,89 euros). Paralelamente, tamén se está a actuar no paso de peóns da rúa Díaz de la Banda, preto da glorieta da Policía Nacional. Esta obra conta cun investimento de 31.568,95 euros, que contempla a elevación do paso e a reparación das escavas da rúa.

Próximas intervencións

O plan continuará no barrio de Vista Fermosa, con actuacións en dúas rúas. En Poeta Manuel Antonio adaptaranse e ampliaranse os pasos de peóns por 48.837,93 euros. En Xoán Vicente Viqueira executarase unha nova beirarrúa para eliminar escaleiras e mellorar a accesibilidade, cun orzamento de 17.948,50 euros.

Ademais, xa se iniciou a intervención na confluencia da rúa da Canle con Roi Páez, Sandiás e Ricardo Courtier, co obxectivo de ampliar e adecuar os pasos peonís, cun investimento de 48.885,51 euros.

Estas actuacións forman parte do compromiso do Concello de Ourense con unha cidade máis segura, accesible e cómoda para todos os peóns.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.