Noticias

Ourense non terá programación pola semana da mobilidade

O concello de Ourense non terá programación para conmemorar a semana da Mobilidade e concienciar á cidadanía para o uso de alternativas nos seus desprazamentos.

O grupo municipal socialista do concello de Ourense lamenta que desde o concello non se presente un programa de actividades que permita celebrar a semana da mobilidade.

Ourense non terá programación pola semana da mobilidade

«O rexedor pensa que estender a gratuidade do bus de 1 día a unha semana, do 16 ao 22 de setembro, coma este ano xa é suficiente para concienciar á veciñanza da necesidade de fomentar as alternativas de mobilidade sostible na nosa cidade», indica Natalia González, voceira socialista.

A Semana da Mobilidade é unha ocasión para fomentar na cidadanía alternativas ó uso do vehículo privado. Entre os beneficios destas medidas atópanse a redución das emisións e a mellora na saúde das persoas.

Ourense non terá programación pola semana da mobilidade

«O PMUS, aprobado en 2019, segue metido nun caixón», lembran os socialistas. Tamén denuncian que «as únicas medidas que patrocina este desgoberno en materia de mobilidade son aparcar onde lles peta e saltarse todas as normas de circulación con total impunidade e abuso de poder».

Botón volver arriba