O concello de Ourense prepara a Semana Europea da mobilidade que fomenta entre outros hábitos o uso da bicicleta como medio de transporte.
Durante a semana do 16 ó 22 de setembro, o concello organiza varias actividades para celebrar a Semana Europea da Mobilidade.
Ourense prepara a Semana Europea da Mobilidade
Circuito infantís e familiares en bicicleta son algunhas das actividades previstas para fomentar o uso deste vehículo. As actividades son promovidas pola Concellería de Seguridade Cidadá e conta coa colaboración da escola ciclista Maese Bike.
A Bici como amiga
Esta actividade terá lugar o sábado, 17 de setembro xunto á Subdelegación do Goberno en Ourense. Dende as 17 ás 19h, nenos e nenas de 4 a 12 anos poderán participar nun circuíto de educación viaria. Os asistentes terán que levar a súa propia bicicleta e casco para participar nesta sesión formativa sobre dúas rodas.
Día da Bici en Ourense
O Día da Bici en Ourense será o domingo, 18 de setembro. Esta actividade reúne a un importante número de familias que realizan un percorrido polas rúas da cidade.
A Bici como transporte urbano
Durante os días 19, 20, 21 e 22, o concello organiza a actividade A Bici como transporte urbano. De 16 a 18h, os participantes percorrerán un total de 5 Km polas rúas da cidade. Con saída na Praza Maior, os participantes atravesarán Lamas Carvajal, Paseo, curros Enríquez, Saénz Díez, Praza de Don Bosco, Pardo de Cela, Rotonda do Pavillón Progreso, Alameda e Avenida de Pontevedra para rematar xunto ó concello.
Para participar nesta actividade, os ciclistas terán que contar polo menos con 6 anos de idade e realizarán unha inscrición na web do concello.