Noticias

Cinco ramplas mecánicas mellorarán a accesibilidade na rúa Vasco Díaz Tanco

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou este mediodía o expediente para contratar as obras do proxecto de humanización e mobilidade vertical na rúa Vasco Díaz Tanco, no barrio da Cuña.

O investimento previsto ascende a 5.114.185,52 euros e permitirá salvar a forte pendente desta vía mediante a instalación de cinco ramplas mecánicas.

Cinco ramplas mecánicas mellorarán a accesibilidade na rúa Vasco Díaz Tanco

A actuación transformará por completo a rúa, conectando a súa parte inferior, na confluencia coa avenida de Zamora, coa zona máis alta, situada máis alá do centro de saúde do barrio. O proxecto busca mellorar a accesibilidade e facilitar os desprazamentos a pé nunha das áreas con maior desnivel da cidade.

Cinco ramplas mecánicas mellorarán a accesibilidade na rúa Vasco Díaz Tanco

Trátase dunha das intervencións de mobilidade vertical máis ambiciosas do Concello, que continúa coa liña de proxectos de humanización en barrios con dificultades orográficas. Segundo o goberno local, o obxectivo é favorecer a integración urbana e mellorar a calidade de vida da veciñanza da Cuña e contorna.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.