Eventos

Ourense tamén celebra o Día da Muller

O concello de Ourense tamén celebra o Día da Muller cunha programación de actividades que terán lugar durante as próximas semanas.

Baixo o lema «Todas somos diferentes» atopamos numerosas propostas educativas, deportivas e culturais programadas polo concello.

Ourense tamén celebra o Día da Muller

Este domingo comezaba a programación do concello de Ourense polo Día da Muller coa celebración dunha carreira polas rúas do centro da cidade. Entre as propostas que atoparemos nas próximas datas atópase a entrega do XVIII Premio Clara Campoamor ó grupo mudical The Teta’s Van.

Escape Room, contacontos, teatro e obradoiros de sexualidade son outras das actividades que atopamos na programación deste ano 2024.

  • Meses de marzo e abril
    Exposición: FLORA, ou a educación dunha nena na sociedade tradicional, no edificio de ferro da Facultade de Educación e Traballo Social
  • 3 de marzo
    Carreira da Muller
  • 6 de marzo
    Obra de teatro Insubmisa, no Auditorio, ás 11.30 h, para alumnado de 4º da ESO e Bacharelato
  • 7 de marzo
    Charla de mulleres en Mur Marxinal, de 19.00 a 21.00 h.
    Actuación musical con Cristina Eiró e María Mendoza.
  • 8 de marzo
    Lectura de manifesto, no salón de plenos do Concello, ás 11.00 h
  • 8 a 10 de marzo
    Iluminación da Ponte Vella e da fonte de Concepción Arenal con motivo do Día Internacional das Mulleres 2024.
  • 11 de marzo
    Entrega do XVIII Premio Clara Campoamor, no Liceo de Ourense, ás 20 h.
  • A partir do 11 de marzo
    O tesouro, de Trécola Teatro para alumnado de 3 a 11 anos
  • A partir do 12 de marzo
    Xogo Cluedo pola Igualdade, a cargo de Yuka, para alumnado de 5º e 6º de Primaria
  • 18 de marzo
    Obradoiro de educación sexual para familias de Primaria, no CIMM, de 17.00 a 19.00 h
  • 19 de marzo
    Obradoiro de educación sexual para familias de Secundaria, no CIMM, de 17.00 a 19.00 h
  • A partir do 21 de marzo
    Escape Room Estrelas, de Territorio Comanche, para alumnado de Secundaria
Ourense tamén celebra o Día da Muller

Botón volver arriba