Noticias

Ourense actualizará tarifas do servizo de recollida de residuos tras máis de dez anos

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou o proxecto de ordenanza reguladora das tarifas do servizo de recollida e xestión de residuos.

A medida busca adaptarse á Lei estatal 7/2022 de residuos e solos contaminados para unha economía circular. Esta Lei obriga a que o servizo municipal sexa economicamente sostible e que as tarifas cubran o seu custo real.

Ourense actualizará tarifas do servizo de recollida de residuos tras máis de dez anos

En Ourense, as tarifas permanecían inalteradas desde 2013 e non cubrían o custo efectivo do servizo. Na actualidade ascende a 11,9 millóns de euros fronte aos 8,9 millóns recadados. O novo proxecto de ordenanza reflectirá o custo real, cun incremento que, segundo o goberno municipal, será “máis importante en relativo que en absoluto” e responde a unha obrigación legal.

Ourense actualizará tarifas do servizo de recollida de residuos tras máis de dez anos

Para as vivendas, o incremento será de 4,61 euros mensuais nas zonas con recollida diaria e de 2,10 euros ao mes nas áreas sen este servizo. Alcanzarán unha tarifa anual de 181,02 € e 82,50 €, respectivamente. O proxecto tamén contempla tarifas específicas para comercios, industrias e outros usos, como espectáculos públicos, aloxamentos, educación ou sanidade, adaptadas á superficie, ocupación e volume de residuos xerados.

Bonificacións ecolóxicas e sociais

A ordenanza introduce bonificacións para fomentar a responsabilidade social e ambiental. Unidades de convivencia en risco de exclusión social contarán cun desconto do 100%. Ademais, os usuarios que participen en programas de compostaxe doméstica ou comunitaria recibirán un 50% de desconto. Quen entreguen un mínimo de seis cargas de residuos voluminosos no punto limpo obterán un 10% de bonificación sobre a tarifa anual.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.