O concello de Parada de Sil celebra o seu Entroido de 2024 cun programa previsto para o 10 de febreiro e que contará con varias propostas.
Neste 2024, Os Anxeos serán de novo o elemento fundamental da celebración do Entroido de Parada de Sil.
Parada de Sil celebra o seu Entroido de 2024
Non faltará tamén a música e a gastronomía coa posibilidade de anotarse a un xantar onde a veciñanza se reunirá para comer un gran cocido.
Programa do Entroido de Parada de Sil
O sábado, 10 de febreiro, Parada de Sil terá o seguinte programa de actividades para celebrar o Entroido.
- 11:30h – Xuntanza diante do concello
- 12h – Os Anxeos abrirán o desfile
- 15h – Xantar (na nave da castaña)
Menú: empanadas variadas, cocido, orellas cocidas, café e bica, bebidas e chupitos.
As entradas para participar no xantar de Entroido están a venta nos bares de Parada de Sil e no concello. O xantar estará amenizado pola charanga El Tattoo.