Noticias

O Goberno e Paradores colaboran para crear espazos seguros para as mulleres

O subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, destacou hoxe o compromiso de Paradores de Turismo na loita contra a violencia machista coa implantación dos Puntos Violeta nos seus establecementos de Galicia.

Que unha cadea turística de tal envergadura aposte pola protección das vítimas é unha gran noticia no camiño cara á igualdade entre mulleres e homes”, sinalou Santos. A presentación do primeiro destes espazos na provincia, tivo lugar no Parador de Santo Estevo, en Nogueira de Ramuín.

O Goberno e Paradores colaboran para crear espazos seguros para as mulleres

No acto tamén participou María Alida Iglesias, xefa da Unidade contra a Violencia sobre a Muller da Subdelegación do Goberno en Ourense.

O Goberno e Paradores colaboran para crear espazos seguros para as mulleres
Foto: Subdelegación do Goberno

Santos explicou que esta iniciativa permitirá achegar as ferramentas de prevención e sensibilización fronte á violencia machista a todos os territorios. “Os Paradores da provincia están en zonas rurais, o que supón levar a rede de protección a lugares onde ás veces resulta máis difícil chegar”, engadiu.

O subdelegado agradeceu o compromiso coa igualdade da presidenta de Paradores, Raquel Sánchez, por implicarse activamente na loita contra a violencia de xénero. “Estes establecementos únicos, en edificios históricos e enclaves emblemáticos, son agora tamén espazos seguros para as mulleres”, afirmou.

A Unidade contra a Violencia sobre a Muller foi a encargada de ofrecer formación específica ao persoal dos Paradores galegos. Estes xa contan co coñecemento necesario para atender peticións de axuda ou información. Os establecementos dispoñen de materiais como a Guía Punto Violeta. Tamén contan con distintivos identificativos, folletos informativos e carteis con códigos QR que permiten acceder directamente aos recursos de atención ás vítimas.

Santos puxo en valor a ampliación desta rede de Puntos Violeta en Ourense. Esta xa está presente en institucións como o SEPE, INSS, Axencia Tributaria, Centro Penitenciario do Pereiro de Aguiar, Comandancia da Garda Civil e a propia Subdelegación do Goberno.

Cada novo Punto Violeta é un paso máis para facer de Ourense unha provincia máis segura e máis igualitaria”, concluíu o subdelegado.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.