A Concellería de Cultura de Barbadás organiza o III Paseo Literario “O Piñor de Carmen Martín Gaite” o sábado 21 de xuño.
Este evento servirá para homenaxear á autora no seu ano máis especial, o 2025, declarado Ano Carmen Martín Gaite.
Barbadás celebra o III Paseo Literario dedicado a Carmen Martín Gaite
O evento, que cada ano gaña máis adeptos, contará coa presenza do guía David G. Couso, quen achegará aos participantes á vida e obra da escritora.
O Concello de Barbadás entregará un agasallo a cada persoa inscrita.
A cita dará comezo ás 9:45 horas no centro social San Lourenzo de Piñor. As inscricións están abertas ata o 18 de xuño.
Carmen Martín Gaite (Salamanca, 1925 – Madrid, 2000) foi unha das escritoras máis destacadas da literatura española contemporánea. Autora de novelas, ensaios, contos e obras teatrais, cultivou un estilo próximo e reflexivo que conectou con xeracións de lectores.
Obras como Entre visillos (Premio Nadal 1957), El cuarto de atrás (Premio Nacional de Narrativa 1978) ou Nubosidad variable conságrana como unha voz única da narrativa do século XX. Martín Gaite foi tamén unha destacada investigadora e tradutora, e a súa obra segue a ser motivo de estudo e homenaxe.
