Deportes

Ourense asegura presenza en Castellón con tres equipos do Pavillón

Tres conxuntos do Pavillón Ourense e da Escola Pavillón representarán a Ourense en Castellón logo de destacar nos controis clasificatorios celebrados o sábado 18 de outubro no Pavillón dos Remedios.

As ximnastas ourensás competiron para acadar praza na Copa Base Individual, na III Fase da Copa de España de Conxuntos Élite e no Campionato Galego de Conxuntos Base.

Ourense asegura presenza en Castellón con tres equipos do Pavillón

Na xornada de mañá, tres conxuntos élite do Club Ximnasia Pavillón Ourense buscaban a súa clasificación para Castellón. As infantís —Claudia, Carla, Lara, Bianca e Olga— acadaron a segunda posición e lograron a praza para a III Fase da Copa de España, que se celebrará o 23 de novembro.

Ourense asegura presenza en Castellón con tres equipos do Pavillón
Conxunto infantil. Foto: Club Ximnasia Pavillón

Na categoría sénior a competencia foi especialmente dura con seis conxuntos galegos en liza. O equipo sénior P (Martina, Sheila, Xisela, Daniela, Maya e Gretel) amosou un gran nivel e rematou terceiro. O sénior M (Candela, Noa, Laura, Claudia e Mariña) quedou quinto.

As ximnastas do Pavillón afrontarán agora unha intensa recta final de tempada. Algunhas das citas máis destacadas son o Euskalgym (Bilbao, 2 de novembro) e o Campionato Galego de Conxuntos Élite (Vigo, 9 de novembro).

A Escola Pavillón tamén acada o pase

No Campionato Galego de Conxuntos Base, a Escola Pavillón presentou dous equipos que tamén se clasificaron para o Nacional. O conxunto alevín —Area, Alicia, Valeria R., Valeria V., Mara e Martina— logrou un meritorio quinto posto nunha semana marcada polas lesións.

Conxuntos Alevín e Xuvenil. Foto: Club Ximnasia Pavillón

Pola súa banda, o equipo xuvenil (Rubén, Karol, Danna, Naia, Leire e Carlota), recén ascendido á categoría nacional, conseguiu remontar tras un primeiro pase con erros. O excelente nivel amosado no segundo, garantiu a súa clasificación.

Estes dous conxuntos participarán tamén no Euskalgym (1 e 2 de novembro en Bilbao) antes de viaxar a Castellón para o Nacional de Conxuntos Base, que terá lugar do 19 ao 22 de novembro.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.