Noticias

Pazolandia abre con gran afluencia de visitas

O parque de atraccións Pazolandia abre as súas portas con gran afluencia de visitas na primeira das xornadas de actividade deste espazo lúdico.

Máis de 3.000 persoas acudiron este 26 de decembro a Pazolandia para gozar das numerosas propostas lúdicas do considerado maior parque de atraccións de Galicia.

Pazolandia abre con gran afluencia de visitas

Con máis de 8.000 metros cadrados de espazo dedicado ó xogo, Pazolandia é un referente do Nadal na provincia de Ourense. Ademais da venta de entradas rexistradas nas instalacións de Pazolandia, a organización tamén informa dun gran volume de reservas online.

Desde esta primeira xornada e ata o 4 de xaneiro, Pazolandia agarda a visita de milleiros de persoas que atoparán numerosas novidades. Unha destas novidades é a mellora das condicións do parque para convertelo nun lugar máis inclusivo. A limitación acústica, acceso prioritario para as persoas con TEA e un espazo chamado «zona de calma» permitirá unha mellor experiencia a todos os visitantes.

Pazolandia abre con gran afluencia de visitas
Foto: Deputación de Ourense

Entre as atraccións que atoparemos na presente edición destaca o «Martillo Kamikace», unha atracción de péndulo de dobre eixo que realiza xiros de 360º. Tamén estarán atraccións habituais como inchables, carruseis, tirachinas, montaña rusa tigre ou un circuíto de motos. Non faltarán en Pazolandia os distintos obradoiros, a zona de videoxogos e unha pista de patinaxe.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.