Eventos

Pazolandia celebra unha sesión sen ruído este sábado

Pazolandia organiza este sábado, 3 de xaneiro, unha sesión sen ruído pensada para facilitar o acceso ao lecer infantil ás nenas e nenos con hipersensibilidade auditiva.

A iniciativa desenvolverase entre as 11.00 e as 14.00 horas no recinto feiral ourensán.

Pazolandia celebra unha sesión sen ruído este sábado

A sesión de Pazolandia permitirá minimizar o impacto acústico habitual das atraccións, creando un entorno máis amable e accesible para menores con necesidades sensoriais específicas.

Pazolandia celebra unha sesión sen ruído este sábado

Deste xeito, o evento aposta por un modelo de lecer inclusivo, no que todas as crianzas poidan gozar das actividades en igualdade de condicións.

Dende a organización salientan que esta medida responde á demanda de moitas familias que buscan espazos adaptados, especialmente nestas datas de gran afluencia. As entradas para Pazolandia poden adquirirse de maneira anticipada a través da páxina web oficial do recinto.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.