Noticias

Ourense perfila percorrido excepcional da carreira San Martiño 2025

O Concello de Ourense anunciou o percorrido da carreira pedestre popular San Martiño 2025, que se celebrará o vindeiro 9 de novembro.

A saída será na Ponte do Milenio e a meta na Praza de Concepción Arenal.

Ourense perfila percorrido excepcional da carreira San Martiño 2025

Debido ás obras na Avenida de Portugal, a proba contará cun itinerario inédito. Este será máis chan e previsiblemente máis rápido, cun tramo final de case tres quilómetros en liña recta.

Ourense perfila percorrido excepcional da carreira San Martiño 2025

A carreira percorrerá o barrio da Ponte, a rúa Xesús Pousa, a Avenida de Marín, a Ponte Nova, a Avenida Otero Pedrayo cara ao campus universitario, e continuará pola rúa do Paseo, a Praza Maior, o Xardín do Posío, a rúa da Coruña, Nosa Señora da Saínza e a Avenida de Zamora até Expourense, para regresar pola Avenida de Zamora e a rúa do Progreso ata a meta.

O itinerario, de 10 km, será homologado e excepcional para esta edición, mentres o Concello deseñará un novo percorrido para a San Martiño 2026.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.