O concello do Pereiro de Aguiar abre mañá, 1 de xullo, as súas piscinas municipais situadas na Urbanización Veiga de Abaixo.
Estas instalacións son un importante recurso para os veciños do Pereiro ante as altas temperaturas que se rexistran no verán.
O Pereiro de Aguiar abre mañá as súas piscinas municipais
Á espera da apertura das piscinas de Monterrei, o concello do Pereiro abre estas instalacións que funcionarán en horario de 12:30h a 20:30h.
Os prezos para facer uso destas instalacións son os seguintes:
Empadroados
- 1 – Abonos por temporada
- a) Familiar, entendéndose pais/nais e fillos/as menores de 16 anos: 20 €
- b) Adultos, maiores de 15 anos: 10 €
- c) Menores ata 15 anos, incluídos: 5 €
- 2 – Cota diaria
- a) Familiar: 2 €
- b) Adultos: 1 €
- c) Infantís: 0,50 €
Non empadroados
- 1 – Abonos por temporada
- a) Familiar, entendéndose pais/nais e fillos/as menores de 16 anos: 30 €
- b) Adultos, maiores de 15 anos: 12 €
- c) Menores ata 15 anos, incluídos: 6 €
- 2 – Cota diaria
- a) Familiar: 3 €
- b) Adultos: 1,20 €
- c) Infantís: 0,60 €