O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, recibiu no salón de plenos do Concello ao novo cónsul honorario do Reino dos Países Baixos en Galicia e Asturias, Eugenio González de Haz Díaz-Castroverde.
O empresario vigués asumiu a comezos deste ano esta responsabilidade, que cualificou como “un orgullo e un reto na miña vida profesional”.
Pérez Jácome recibe ao cónsul neerlandés
Sinalou que o seu obxectivo é apoiar aos preto de 400 neerlandeses residentes en Galicia e aos máis de 200 en Asturias, ademais de reforzar os lazos nun contexto no que, segundo indicou, Galicia resulta cada vez máis atractiva para o turismo estranxeiro.

Pola súa banda, o rexedor destacou que “é unha honra recibir o cónsul” e subliñou a integración da comunidade holandesa en Galicia, á que definiu como unha terra hospitalaria. Tamén lembrou que é o segundo cónsul honorario que visita o Concello este ano.
Ao remate do encontro, González de Haz asinou no Libro de Ouro do Concello, deixando constancia da súa primeira visita institucional a Ourense como representante do Reino dos Países Baixos.

