Noticias

Pérez Jácome recibe ós participantes no Campamento Amencer

Gonzalo Pérez Jácome, alcalde de Ourense, recibe na Praza Maior ós 700 participantes no Campamento Urbano Amencer.

A visita á praza maior dos rapaces e rapazas que participan no campamento tamén tiña como obxectivo visitar os vehículos das forzas de seguridade.

Pérez Jácome recibe ós participantes no Campamento Amencer

Con motivo do «Día da boa xente», os 700 participantes do Campamento Urbano Amencer desprazáronse á Praza Maior de Ourense. O alcalde de Ourense, Pérez Jácome, e a concelleira de Xuventude, Tamara Silva, recibiron ós rapaces e rapazas que remataron a xornada sentados nas escaleiras da Igrexa Santa María Nai.

Foi nese momento no que o alcalde se dirixiu a eles para recordarlles que «Ourense non ten praia, pero teno todo». Os mozos e mozas responderon ó alcalde cantándolle ó alcalde polo seu aniversario.

Pérez Jácome recibe ós participantes no Campamento Amencer
Foto: concello de Ourense

Antes do encontro co alcalde, os participantes no campamento gozaron cos vehículos que estaban expostos. Guardia Civil, Policía Nacional, Policía Local, Vehículos de Emerxencias, Protección Civil, Transporte público e limpeza viaria estiveron na Praza Maior.

Botón volver arriba