O concello da Peroxa organiza actividades infantís durante a Semana Santa no Polideportivo Anxo Munín coa axuda da Deputación de Ourense.
José Manuel Rodríguez, tenente alcalde da Peroxa, e Rosendo Fernández, vicepresidente da Deputación de Ourense, realizaron a presentación desta proposta lúdica.
A Peroxa organiza actividades infantís durante a Semana Santa
«Pascua na Peroxa» terá lugar entre os días 5 e 9 de abril e contará con grandes inchables e unha pista de xeo sintético. O horario da actividade será de 12 a 14h polas mañás e de 16 a 20h polas tardes. Os nenos e nenas do concello da Peroxa terán a entrada de balde e para o resto terá un custe de 5 euros.