Noticias

Piden maior apoio económico para Progape

Desde o grupo municipal do PSdeG-PSOE piden maior apoio económico para Progape, entidade encargada de xestionar a canceira.

Na última Xunta de Área, a voceira socialista, Natalia González, solicitou información sobre a renovación do convenio con Progape. Na mesma Xunta, González interesouse pola contía deste convenio ou o posible cambio de emprazamento destas instalacións.

Piden maior apoio económico para Progape

Ante a ausencia de respostas, a concelleira Alba Iglesias demanda «respostas claras e información sobre a situación de Progape». Lembra Iglesias que Progape «enfrontase a unha falta de apoio económico que lle impide realizar o seu labor en condicións dignas».

Desde o grupo socialista reclaman «que o goberno de Democracia Orensana actúe axilmente e saque adiante un convenio renovado con Progape que garanta compromisos claros de mellora en comparación coa situación actual».

Piden maior apoio económico para Progape

Lembran os socialistas que eles teñen realizado iniciativas para recadar fondos para este proxecto. Entenden do mesmo xeito que son as institucións quen teñen que liderar «o compromiso co benestar animal».

«Cremos firmemente que a sociedade debe implicarse máis na protección e o coidado dos animais, e que as administracións teñen que asumir a súa parte de responsabilidade. Apostar pola adopción e o benestar animal non é unha opción, é unha necesidade», destaca Alba Iglesias, secretaria xeral das Xuventudes Socialistas de Ourense.

Botón volver arriba