Noticias

A Xunta financia a nova cuberta da pista de pádel de Bande

A nova pista de pádel cuberta de Bande abriu hoxe oficialmente tras o acto de inauguración no que participaron o delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, o presidente da Deputación, Luis Menor, e a alcaldesa, Sandra Quintas.

Esta infraestrutura está situada na contorna do polideportivo municipal e supón un novo recurso deportivo para a veciñanza.

A Xunta financia a nova cuberta da pista de pádel de Bande

Na súa intervención, o delegado territorial salientou que a instalación conta cunha cuberta financiada pola Xunta nun 80 %. A través dun convenio de colaboración da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, supuxo unha achega de preto de 50.000 euros.

Foto: Delegación da Xunta

Esta mellora permitirá o seu uso en calquera época do ano e incrementará a oferta de lecer activo no municipio.

Pardo explicou que a actuación busca impulsar o deporte base mediante unha visión integral que combina a actividade física temperá con hábitos de vida saudables e unha formación deportiva e persoal equilibrada. “Queremos garantir espazos axeitados para estimular o exercicio físico desde as idades máis novas”, indicou.

O representante da Xunta enmarcou esta actuación dentro do apoio do Goberno galego ás administracións locais, con especial atención ás infraestruturas deportivas municipais. Segundo lembrou, existen diferentes liñas de axuda deseñadas para a mellora destas instalacións ou que lles conceden prioridade nos criterios de valoración. O obxectivo é ofrecer espazos con as mellores condicións de calidade, tanto para deportistas como para persoas afeccionadas, e favorecer así o avance da práctica deportiva en Galicia.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.