Plantan dúas oliveiras centenarias na contorna do Pavillón dos Remedios para mellorar e embelecer o espazo fronte á rúa Pardo de Cela.
O concello de Ourense prosegue co acondicionamento da contorna do Pavillón dos Remedios. A última actuación do goberno municipal foi a instalación de dúas oliveiras centenarias na zona de entrada ó recinto.
Plantan dúas oliveiras na contorna dos Remedios
As dúas árbores contribúen a mellorar a imaxe da zona próxima á rúa Pardo de Cela. Cunha idade estimada en 350 anos, estes exemplares poden alcanzar os 2.000 anos grazas á súa resistencia.
![Plantan dúas oliveiras na contorna dos Remedios](https://ourensenarede.com/wp-content/uploads/2022/08/220811_Oliveiras_2-800x600.jpg)