Eventos

Pobo Fantasma de Chaioso 2022

O Pobo Fantasma de Chaioso terá unha nova edición en 2022 para seguir atemorizando ós visitantes que se acheguen a esta pequena aldea de Maceda.

Chaioso é unha aldea próxima á localidade de Maceda. A pesar de non contar cun gran número de veciños, organiza dende fai anos numerosas actividades con gran éxito de participación.

Pobo Fantasma de Chaioso 2022

Unha das iniciativas que máis persoas atrae á Maceda é o Pobo Fantasma. Durante unha noite, Chaioso convertese no fogar de monstros, fantasmas, espíritos e todo tipo de seres diabólicos para amedrentar ós visitantes.

Unha visita que porá a proba a nosa valentía ó enfrontarnos con seres tenebrosos que só teñen unha misión: meter medo.

Pobo Fantasma de Chaioso 2022

Datas do Pobo fantasma de Chaioso

A actividade do Pobo Fantasma será os días 12, 13 e 14 de agosto de 2022.

¿A que hora comeza?

As visitas ó pobo fantasma comezan ás 23h.

¿Canto custa a entrada?

A entrada para facer o percorrido do Pobo Fantasma de Chaioso ten un custe de 6€.

¿Onde está Chaioso?

A aldea de Chaioso pertence ó concello de Maceda. No seguinte mapa podes ver a súa localización.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Botón volver arriba