Eventos

Pobo Fantasma Chaioso 2024

Xa queda menos para gozar do Pobo Fantasma de Chaioso 2024 no que prometen subir a intensidade desta proposta á que se achegan decenas de persoas todos os anos.

Situado ó carón da localidade de Maceda, Chaioso é un lugar que ofrece unha intensa actividade durante todo o ano.

Pobo Fantasma Chaioso 2024

Entre as distintas propostas que ofrece Chaioso está a realización do Pobo Fantasma. Na edición deste ano, os organizadores avisan que «a escuridade amosa a aqueles que nunca se foron de todo…»

A edición de 2024 será os días 2, 3 e 4 de agosto comezando a partir das 23h. O prezo para gozar desta actividade será de 8€ por persoa.

Botón volver arriba