Noticias

Podemos denuncia danos no Xardín do Posío polas obras municipais

Podemos Ourense denuncia danos graves no Xardín do Posío polas obras promovidas polo Concello de Ourense.

Eegundo a formación, as obras non se axustan ao proxecto aprobado en pleno municipal e poderían causar unha afectación grave e posiblemente irreversible a este espazo verde emblemático da cidade.

Podemos denuncia danos no Xardín do Posío polas obras municipais

A formación morada vén de trasladar a situación á Consellería de Medio Ambiente e ao Valedor do Pobo, ao considerar que existen indicios de irregularidades tanto desde o punto de vista legal como ambiental.

Podemos denuncia danos no Xardín do Posío polas obras municipais
Foto: Podemos Ourense

Segundo explica o partido, as intervencións estarían a provocar unha degradación da vexetación e do solo, así como modificacións relevantes no deseño histórico do parque.

O portavoz de Podemos Ourense, Francisco Diéguez, asegurou que “é inaceptable que un espazo emblemático da nosa cidade, con valores históricos, botánicos e sociais, estea a ser alterado sen garantías legais nin ambientais”. O representante da formación reclamou a paralización inmediata das obras ata que se comprobe a súa legalidade e se adopten medidas para restaurar os danos xa causados.

Segundo o comunicado do partido, Podemos achegou ao expediente fotografías difundidas pola asociación Amigas das Árbores, nas que, ao seu xuízo, se aprecia o impacto das obras sobre o estado do parque. A formación considera que estas actuacións poderían vulnerar o artigo 45 da Constitución Española, así como a Lei 42/2007 de Patrimonio Natural e da Biodiversidade, a Lei 7/2008 de Protección da Paisaxe de Galicia e a Lei 2/2016 do Solo de Galicia.

Foto: Podemos Ourense

Diéguez advertiu tamén de posibles accións legais se non hai resposta por parte da Administración autonómica. “O Xardín do Posío non é un solar calquera, senón un patrimonio natural da cidadanía. Non imos permitir que se destrúa por decisións que non contan co respaldo da lei nin da veciñanza”, afirmou, engadindo que, de non actuar a Consellería de Medio Ambiente, Podemos Ourense levará o caso á Fiscalía de Medio Ambiente.

Botón volver arriba